Que compramos? Para que o facemos? Onde o adquirimos? O consumo e os hábitos das persoas ao redor diso están relacionados coa conservación da natureza e a igualdade social. Consumir de forma responsable e solidaria supón ter en conta variables máis aló do prezo e a calidade, como as consecuencias ambientais e sociais. Neste artigo proponse 10 claves e propostas para comprar de forma máis solidaria e responsable, entre elas, buscar información do produto e o seu modo de produción ou dicir “non” ao desperdicio de alimentos.
Que é o consumo responsable e solidario?
Consumo responsable implica consumir menos elixindo só o necesario e sen deixarse levar polo impacto publicitario e a xeración de necesidades que este provoca.Máis aló de escoller os produtos e servizos en base á súa calidade e prezo, é conveniente ter en conta os criterios ambientais, sociais e éticos das empresas que os elaboran.
O consumo responsable implica pensar nos efectos que ten a compra de certos produtos na sociedade e no medio ambiente
En sectores como o téxtil, é coñecido que algunhas compañías contribúen ao traballo escravo en países asiáticos, contratando a nenas e adolescentes en ambientes insalubres, sen contrato e sen dereitos básicos como a prestación económica en caso de enfermidade ou a afiliación sindical.
Pero a responsabilidade non só queda en mans das empresas: os consumidores teñen o poder de favorecer un consumo máis ético e solidario. Para iso, hase de pensar nos efectos que ten a compra de certos produtos na sociedade e no medio ambiente, coñecendo como foron os procesos de elaboración, materiais cos que se fabrican e o seu impacto na contorna.
