A Campaña Europea contra a Discriminación distribuirá por todos os Estados membros da Unión Europea (UE) unha serie de postais con mensaxes para concienciar aos cidadáns dos beneficios da diversidade. Os cartóns, cuxo deseño correu a cargo de mozos entre os 16 e 24 anos, estarán dispoñibles en 21 linguas.
Baixo a lema “Pola diversidade. Contra a discriminación”, os cartóns buscan informar os mozos sobre os seus dereitos ante o problema da discriminación no traballo e para animarlles a gozar dos beneficios da diversidade. Para iso recollen diferentes imaxes que tratan de mostrar o aburrida que sería a vida sen diversidade.
Estas postais serán distribuídas a través de todos os Estados membros da UE en actos ligados á campaña, e en lugares frecuentados por xente nova. Tamén se poden conseguir na web www.stop-discrimination.info.
Esta iniciativa, impulsada por ONG, sindicatos e os gobernos da Unión, inclúe ademais publicidade impresa e televisiva, así como a celebración de seminarios e eventos xornalísticos contra a marxinación por motivos de orixe étnica, relixiosos, enfermidade, idade ou orientación sexual.