Unhas 125.000 persoas de Nicaragua beneficiaranse dos programas de cooperación ao desenvolvemento que a fundación Intervida vai pór en marcha neste país. Trátase de persoas que viven nunha extrema pobreza, o cal non representa ningún caso illado neste país, que é un dos máis pobres do planeta cun PIB anual de 400 euros por habitante.
A organización destacou que un dos principais problemas do país, ademais da pobreza, é o absentismo escolar que se rexistra nos centros educativos de Nicaragua e que a maioría das escolas carecen de servizos básicos como auga potable ou luz.
Así mesmo, desde a ONG explicaron que as iniciativas que van desenvolver están calculadas para o longo prazo, pois deben resolver non só as consecuencias actuais da pobreza, senón as súas causas, para que as comunidades sexan autosuficientes.