As persoas xordas ou con discapacidade auditiva aseguran “sentirse estranxeiras no seu propio país”. Quéixanse das trabas coas que se topan ao realizar xestións ou tentar participar como o resto da cidadanía. Non se consideran integradas a pesar de ser miles e reclaman as medidas oportunas para emendalo. Desde hai un mes, puxeron en marcha unha campaña para gañar visibilidade e recoñecemento.
As barreiras de comunicación son un dos principais obstáculos das persoas xordas e con discapacidade auditiva. Cada vez conquistan máis territorios, pero os avances son simultáneos en todos os ámbitos -tambien nos que non lles afectan de maneira directa- e teñen a sensación de non chegar nunca á meta. A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) iniciou a campaña de sensibilización “Queremos a Anexión” para que non se consideren “estranxeiras no seu propio país”. Quérese mostrar a realidade destas persoas, como senten ao enfrontarse a determinadas situacións e “desmantelar todas as fronteiras que lles separan do resto da sociedade”.
Son máis dun millón de persoas que non ouven ou escoitan con dificultades. Destas, 7.000 non cumpriron o seis anos de idade e un 10% contan con certificado de discapacidade -considéraselles os máis vulnerables-. A solución, asegura o presidente da CNSE, Luís Canón, “existe e pasa por incorporar diariamente pequenas solucións que contribúan a crear un mundo máis inclusivo e sen fronteiras, un mundo deseñado para todos”.
Lingua de signos
A reclamación máis reiterada é a aplicación da lingua de signos, ter a posibilidade de comunicarse desta maneira en diferentes ámbitos. Segundo datos da confederación, en España hai 2.781 intérpretes de lingua de signos acreditados, pero só un 25% traballa como tal: un intérprete por cada 143 persoas xordas e con discapacidade auditiva, mentres que noutros países europeos o cociente é dun intérprete por cada 10 persoas xordas, asevera a CNSE.
En España hai 2.781 intérpretes de lingua de signos acreditados, pero só un 25% traballa como tal
Quen se comunican desta maneira son máis de 400.000. Unha cuarta parte son xordas e o resto, oíntes que usan a lingua de signos por cuestións familiares, afectivas ou profesionais. Este sistema está recoñecido mediante unha lei cuxo obxectivo é conseguir maiores cotas de participación social. Úsanse a lingua de signos española e catalá, recoñecidas hai dous anos: “Con todo, as repercusións da súa aprobación aínda están por chegar”.
Outros países europeos que tamén recoñeceron as súas propias linguas de signos son Finlandia, Dinamarca, Suecia, Irlanda do Norte, Portugal e Alemaña. O propio Consello de Europa instou a tomar esta decisión en abril de 2003.
Barreiras diarias
A falta de participación é a cuestión que máis preocupa ás persoas xordas ou con discapacidade auditiva. En ocasións, viven un dobre illamento que lles impide o acceso á información e dificúltalles -ou imposibilita- a consecución de certas xestións. Os aspectos visuais son fundamentais para elas, xa que lles axudan a suplir outras carencias.
O illamento impide o acceso á información e o cumprimento de certos dereitos e deberes
Unha das medidas desenvolvidas pola CNSE é a elaboración de regulacións legais e normativas de calidade de aplicación estatal, xunto con labores de información e sensibilización ás entidades públicas, privadas e á sociedade en xeral “sobre a importancia da accesibilidade á información e a comunicación”.
Os froitos deste esforzo tradúcense, entre outras cousas, nun convenio de colaboración co Ministerio de Educación para facilitar as xestións relacionadas co exercicio dos dereitos e deberes básicos de cidadanía. A confederación coordina os servizos que se axustan ao convenio, a través da rede de federacións autonómicas de persoas xordas e da Fundación CNSE.