A ONG Solidariedade Internacional (S.I.) deseñou a primeira campaña dirixida especificamente aos inmigrantes que viven en España, co fin de que coñezan o labor que moitas persoas dedican á organización humanitaria nos seus países de orixe. Co nome de Non ‘importa onde vaias’ Solidariedade Internacional informaralles da existencia de persoas que dedican o seu futuro profesional, o seu tempo libre, ou unha parte dos seus ingresos mensuais a loitar contra a pobreza e as inxustizas sociais que fan que miles de persoas teñan que abandonar ás súas familias e raíces en busca dun futuro mellor.
Desde Solidariedade Internacional (S.I.) explican que os grupos aos que se dirixe a campaña son os formados por persoas que residen en España procedentes de Ecuador, Bolivia, Perú e Colombia. Solidariedade Internacional traballa no catro países, levando a cabo unha media de 30-40 accións de desenvolvemento en cada un deles nos últimos 10 anos.
Os proxectos alí realizados céntranse en:
- facilitar o acceso á auga potable en comunidades campesiñas aymaras do altiplano boliviano
- A construción de vivendas para a poboación desprazada polo conflito armado en Colombia
- A creación de oportunidades laborais para os mozos de Ecuador a través da formación profesional
- A construción dunha maternidade nun distrito de Lima
En total investíronse 30 millóns de euros co fin de mellorar as condicións de vida da poboación,
Investíronse 30 millóns de euros co fin de mellorar as condicións de vida da poboacióne sobre todo en dotarlles das ferramentas e capacidades para que poidan converterse en axentes do seu propio desenvolvemento.
Esta campaña conta ademais coa colaboración desinteresada da axencia de comunicación multicultural Minority e de diversos medios de comunicación especializados, así como do portal de contidos para inmigrantes www.webantartida.com, que acolleron positivamente a iniciativa.
Solidariedade Internacional centra o seu labor desde o ano 1986 na identificación e execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento e de axuda humanitaria nos países menos avanzados. Tamén realiza actividades de educación ao desenvolvemento, presión política e de sensibilización da opinión pública española e europea. Para iso propón un modelo de cooperación baseado en:
- Consolidar e reforzar procesos de desenvolvemento autónomo humano e sustentable
- Traballar sempre con organizacións locais
- Promover a participación dos beneficiarios e a igualdade entre homes e mulleres.
- Non xerar novas dependencias