A Fundación Intervida lanzou na súa páxina web (www.intervida.org) un concurso para elixir o slogan da súa próxima campaña de apadriñamento que desenvolverá a través de Internet. A ONG anima aos internautas a colaborar dunha forma diferente, pondo a súa creatividade ao servizo da solidariedade.
O concurso é gratuíto e está aberto a todas as persoas que queiran achegar as súas ideas ata o próximo 23 de febreiro. Para participar hai que entrar na sección “Interactúa” da web de Intervida, onde aparecen as bases do concurso e un formulario no que se pode introducir o slogan proposto. Os únicos requisitos son que a frase non exceda os 65 caracteres e que estea escrita en castelán.
O xurado, composto por membros da organización humanitaria, valorará que a mensaxe “sexa sinxelo, directo e que exprese a emoción que poida sentir alguén ao saber que, a través do apadriñamento, axuda a un neno, á súa familia e a toda a súa comunidade”, sinala a ONG.
O gañador do concurso, que se dará a coñecer na web da Fundación, poderá ver o microsite que se creará co seu slogan nos principais buscadores e portais de Internet.