Por quinta vez consecutiva a ONG Médicos Solidarios organizou una caravana humanitaria que toma parte no rally París-Dakar 2002, no tramo que se disputa hoxe en Madrid, prestando axuda humanitaria en todos os países africanos polos que transcorre dita carreira.
O convoi, integrado por 35 persoas e doce vehículos, entre coches e camións todoterreo, tomará a saída na capital de España cargado con diverso material sanitario, medicamentos, mantas e xoguetes. A caravana realizará etapas solidarias en diversas poboacións de Marrocos, Gambia, Guinea Bissau, Guinea Conakry e Senegal.
Este proxecto conta coa cooperación do Concello de Madrid que, ademais, financiou un dos camións da caravana, doou 500 mantas e achegou o traballo desinteresado de tres voluntarios do Samur e un do Corpo de Bombeiros.
De forma paralela, outro convoi de Médicos Solidarios de Cataluña (Metges Solidaris) saíu onte de Barcelona cargado con setenta toneladas de material sanitario, roupa e material escolar. O obxectivo deste convoi será dar apoio material e loxístico aos campos de refuxiados de Guinea Conakry e Serra Leona, onde viven unhas 400.000 persoas desprazadas en condicións infrahumanas. A maior parte do material que transporta este convoi, formado por nove vehículos, entre os que hai camións todoterreo e ambulancias, esta composto por medicación esencial e material sanitario paira paliar enfermidades como a malaria, as infeccións intestinais e as respiratorias.