A Escola de Cultura de Paz, unha organización creada en 1999 co propósito de traballar pola cultura de paz, os dereitos humanos, a análise de conflitos e dos procesos de paz, elaborou un anuario no que pon de manifesto as transformacións e os avances cara ao diálogo en países en conflito, ao mesmo tempo que subliña que “a firma de acordos non significa o fin da violencia”. “Un tratado de paz é un paso máis dun proceso moi longo e silencioso no que, moitas veces, tanto a comunidade internacional como os medios de comunicación parece que perden interese”, recolle o ‘Anuario 2006 de procesos de paz’.
Nesta primeira edición analízanse os conflitos nos que levan a cabo negociacións para chegar a un acordo de paz, con independencia de que estas negociacións estean formalizadas, atópense en fase exploratoria, transcorran satisfactoriamente ou, ao contrario, atópense estancadas. A maioría das negociacións refírense a conflitos armados, pero tamén analizan algúns contextos nos que, a pesar de que na actualidade non se producen enfrontamentos armados de consideración, as partes non alcanzaron un acordo definitivo que acabe coas hostilidades e os contenciosos pendentes. As negociacións, por tanto, teñen sentido para evitar iniciar ou reabrir enfrontamentos armados.
Resumo da evolución dos procesos de paz durante o 2005
A memoria publicada pola Escola de Cultura de Paz fai un percorrido e unha análise polos máis importantes conflitos e procesos de paz alcanzados durante o pasado ano:
O ano 2005 pasará á historia dos procesos de paz por acabar cun dos conflitos armados máis letais da historia contemporánea, que afectou o sur do Sudán durante máis de vinte anos. En xaneiro, o goberno sudanés e o SPLA asinaron un acordo de paz definitivo, despois de tres anos de negociación en Kenia. O outro feito destacado é o rápido e sorprendente desenlace do conflito da rexión indonesia de Aceh, grazas aos bos oficios de Finlandia, que permitiu o desarmamento do GAM ao finalizar ese mesmo ano. Polo seu simbolismo en Europa, cabe mencionar igualmente a renuncia da loita armada por parte da IRA e o seu posterior desarmamento, o que puxo fin ao conflito de Irlanda do Norte.
Abríronse tamén novas posibilidades en Alxeria, Burundi, India e Nepal, aínda que no seu maior parte non se trata realmente de procesos de paz, senón de exploracións sobre propostas xurdidas desde gobernos, grupos políticos ou grupos armados de oposición. “O 2005 finaliza cunhas 30 negociacións en marcha, das que 19 correspondían a conflitos armados, 8 a conflitos non resoltos e 3 a conflitos que finalizaron”. En decembro e tendo presentes os procesos mencionados en fase de finalización, un 20% das negociacións funcionaba relativamente ben, un 33% tiña certas dificultades, e unha porcentaxe similar das negociacións ía mal. Finalmente, cabe destacar que existen negociacións en dúas de cada tres conflitos armados.
O director do curso, Vicenç Fisas, e os seus colaboradores destacan as seguintes conclusións:
- A gran maioría dos conflitos armados foron resoltos por mediode negociacións, e non por unha vitoria militar.
- Nos conflitos actuais negóciase antes e con máis celeridade que fai dúas ou tres décadas.
- O conflito de Colombia é o máis antigo dos que aínda estánvixentes.
- As FARC colombianas e os tamiles de Sri Lanka son os grupos queiniciaron as negociacións hai máis anos (22), sen resolver oconflito durante este período.
- Os líderes dos grupos en conflito con máis anos de liderado tardaron o dobre de tempo en iniciar negociacións, ao contrario que oslíderes que levan menos anos á fronte dos seus respectivos grupos.
- As conviccións relixiosas son un trazo específico da metade doslíderes dos grupos armados e do seu programa.