Save the Children abrirá este fin de semana espazos seguros para os nenos afectados polos dous terremotos de Lorca (Murcia). Estes espazos estableceranse nos campamentos levantados pola Unidade Militar de Emerxencias (UME) e a Cruz Vermella e onde se estima que se refuxiaron ao redor de 6.000 persoas que tiveron que abandonar as súas casas tras os sismos rexistrados o mércores 11 de maio.
“Os nenos son os máis vulnerables neste tipo de emerxencias, por iso persoal de Save the Children entre os que se atopan un psicopedagogo e unha educadora, desprazouse a Lorca para avaliar a situación da infancia afectada”, explicou a ONG. Nos espazos seguros trátase de proporcionar “unha contorna adecuada aos menores onde poden xogar entre eles, recuperar a normalidade e recibir atención psicolóxica se o necesitan”, engade.
“Desde Save the Children queremos asegurar que os nenos afectados reciban a atención e protección necesaria. Por iso, puxémonos a disposición de protección civil e desprazamos ao noso persoal á zona afectada”, sinala o director de Operacións de Save the Children, Donato Capozzi. Para axudar aos menores afectados, a ONG conta cun fondo de emerxencias no número de conta 0049-1837-58-2910344142 do Banco Santander.