Un grupo de oito novos permaneceu 74 horas de maneira ininterrompida sobre unha nora, co que lograron unha nova marca de permanencia nunha destas atraccións. A curiosa iniciativa organizouse en Bélxica, concretamente na “Gran Nora” do parque de atraccións “Walibi” na localidade de Wavre.
Os mozos montaron o pasado xoves ás 10:00 horas na nora e non se baixaron dela ata o mediodía de onte.
A intención destes mozos era recadar diñeiro para unha asociación dedicada a converter en realidade os desexos de nenos gravemente enfermos.
Finalmente conseguiron reunir uns 5.600 euros, 2.600 dos cales foron achegados polos visitantes do parque de atraccións e o resto corresponde a unha doazón particular da empresa do parque.