Un total de 120 toneladas de alimentos saíron onte de San Sebastián (Guipúzcoa) con destino ao pobo saharauí, nunha caravana formada por catro trailers e un camión, coloreados coa bandeira saharauí.
Corenta e cinco municipios guipuscoanos colaboraron coa Asociación de Amigos do Pobo Saharauí, ademais de varias institucións, empresas, centros escolares e ONG´s paira conseguir diñeiro e adquirir este cargamento que paliará algunhas das necesidades dos saharauís refuxiados nos campamentos de Tindouf (Alxeria).
A súa deficiente situación agravouse recentemente polas choivas, que estragaron as reservas de alimentos e afectaron ás jaimas e construcións de adobe. Os alimentos recolleitos son principalmente aceite, fabas, atún, garavanzos, lentellas e pasta, entre outros produtos alimenticios.
A caravana chegará a Alacante, desde cuxo porto embarcará con destino a Orán e de alí, 1.800 quilómetros até Tindouf.