Unha casa pode autorrepararse se se constrúe con material formado por nanopartículas poliméricas, que pasan a estado líquido no caso de ser sometidas a presión; o líquido flúe e enche as gretas provocadas por un movemento sísmico, e logo endurécese de novo solidificando toda a estrutura.
Así polo menos creo a Universidade de Leeds (Reino Unido), que conta co apoio da Unión Europea (UE) para construír unha destas casas na ladeira dunha montaña de Grecia. O desenvolvemento desta técnica podería permitir concluír o prototipo antes de finais de 2010, para logo completar unha pequena urbanización con sensores interconectados que achegarían máis información sobre tensións, vibracións e outras especificidades que afectan a terreos susceptibles de terremotos.
O proxecto “Edificios Intelixentes e Seguros” (ISSB, as súas siglas en inglés), supón unha aplicación concreta das posibilidades que ofrece a nanotecnoloxía, un conxunto de técnicas que permiten manipular a materia a escala atómica e molecular.
Terry Wilkins, director do NanoManufacturing Institute (NMI) da Universidade de Leeds, vaticina que a combinación de polímeros e nanotecnoloxía debe levar a unha óptima resposta das paredes dunha casa á hora de autorreparar as roturas causadas por vibracións.
Primeiro fabricaranse os muros da casa con armazóns de aceiro de carga e ferros de yeso de gran resistencia. As paredes contarán con sensores inalámbricos sen batería e de etiquetas de identificación por radiofrecuencia que fornecerán información relativa a vibracións, temperatura, humidade e gases que afectan o edificio. Eses sensores deberían poder alertar aos inquilinos da vivenda ante o menor indicio do comezo de operacións sísmicas.