A versión “B” do virus informático “Sasser” afecta xa ao 3,17% dos computadores do mundo, segundo unha sondaxe realizada pola empresa española de seguridade informática Panda Software. Honduras, Emiratos Árabes Unidos, Panamá, Estonia e Taiwan son os países máis afectados até o momento.
Pola súa banda, o editor estadounidense de antivirus Symantec, que cualificou de “media” a expansión xeográfica do virus, precisa que “Sasser.B” non leva verdadeiros danos nos sistemas informáticos, xa que só atrasa a execución das ordes dadas aos computadores.
O novo virus pecha as computadoras, reiníciaas e automaticamente vólveas a pechar, repetindo ese procedemento numerosas veces. “É un deses virus que se repiten automaticamente, é suficiente con que o computador estea conectado”, indicou desde Estocolmo Mikko Hyppoenen, xefe de investigación de antivirus da firma finlandesa “F-Secure”.
“Propágase de maneira similar ao Blaster”, apuntou Graham Cluley, da empresa Sophos. Viaxa por Internet “explotando ocos de seguridade no software de Microsoft”, agregou, e precisou que aínda que non está a viaxar tan rápido como “Blaster”, as computadoras que non están “protexidas apropiadamente con actualizacións de antivirus, firewalls e os parches de seguridade de Microsoft, están en problemas”.
Finalmente, o especialista ruso de seguridade informática do Laboratorio Kasperski, Denis Zenkin, teme una gran epidemia do virus, que apareceu o sábado, debido á súa gran capacidade de propagación. “A particularidade deste virus é que só necesita paira propagarse que o ficheiro infectado estea activado (polo usuario), o que fai que a súa propagación sexa moito máis rápida que a dos vermes clásicos”, explicou Zenkin.
“Sasser” constitúe o terceiro ataque de virus informáticos máis importante do ano, despois do “Mydoom.A ,”en xaneiro, e o “Bagle.B” en febreiro.