O xigante da informática Microsoft e a Universidade Europea de Madrid chegaron a un acordo polo que esta se converte no primeiro centro de ensino superior que se adhire en España ao programa europeo WindowsLive@ Edu.
Este proxecto ten como obxectivo facilitar ás institucións educativas ferramentas tecnolóxicas para a comunicación entre profesores e estudantes, a creación de espazos en Internet onde intercambiar experiencias, desenvolvemento de comunidades “en liña” ou xestión de información.
O punto de partida do programa é unha conta de correo individual e personalizada co nome do centro e que será utilizada como clave de acceso ás diferentes ferramentas Windows Live.
O servizo Windows Live para todos os internautas lanzarase en España despois do verán e inclúe, entre outras cousas, correo electrónico, mensaxería instantánea, xestores de comunidades “en liña” e sistemas de procura de información.