Varios centos de páxinas que ofrecen o servizo de descarga gratuíta do thriller erótico de espionaxe de Ang Le “Desexo, perigo” están sementadas de virus informáticos, segundo advertiu hoxe unha empresa de antivirus chinesa.
Cunha recadación de 90 millóns de yuan (uns 8 millóns de euros) nas súas primeiras dúas semanas, a película foi un gran éxito en China e foi nomeada por algúns como o maior éxito de despacho de billetes do ano. “A xente debería ser cauta coas páxinas web que ofrecen servizos de descargas gratuítas porque poden roubarlles os seus contrasinais persoais”, dixo Li Ting, de Rising International Software.
Desta forma, varios centos de páxinas que promocionan “Desexo, perigo”, segundo Li Ting, estaban sementadas de virus, mentres que o 15% das ligazóns de descargas estaban contaminados. “Os hackers están a aproveitarse dos sitios populares de entretemento sobre cinema e música para atacar os computadores persoais e difundir virus”, engadiu.