A Asociación de Internautas (AI) alertou de que se están detectando correos electrónicos en nome de Gmail que convidan a crear unha conta gratuíta de ata 100 megas de espazo en disco e un giga de transferencia mensual nun novo servizo chamado Google Hosting. “Trátase dunha trampa. Se a victima pica e enche o formulario onde lle envía este correo, estará a entregar a súa clave de Gmail”, advirte a AI.
O “e-mail” fraudulento indica que “Google Hosting atópase aínda na súa fase inicial de desenvolvemento. Con todo, se configura unha conta, poderá mantela mesmo despois de que Google Hosting estea dispoñible de forma máis xeral. É probable que solicitemos que nos faga chegar os seus comentarios e suxestións”.
A AI recomenda ter coidado con este tipo de correos e lembra que antes de pulsar calquera ligazón é aconsellable comprobar a veracidade do mesmo; e unha vez dentro do sitio web, confirmar o seu certificado de autentificación.