OiNK, un sitio web que buscaba arquivos no programa P2P BitTorrent, foi clausurado polas autoridades británicas e holandesas. A operación, coordinada pola Interpol, concluíu ademais coa detención dun home de 24 anos preto de Middlesbrough (Inglaterra).
A páxina pechada estaba considerada pola Federación Internacional da Propiedade Intelectual (IFPI, as súas siglas en inglés) como un dos principais centros de distribución de música pirata incluso antes do seu lanzamento.
Desde principios de ano, OiNK, que contaba con preto de 180.000 usuarios e cuxos servidores se atopaban en Ámsterdam, proporcionara a descarga de polo menos 60 discos de recoñecidos artistas, algúns antes de que saísen ao mercado, segundo a IFPI.
“Este non era un sitio onde os amigos se intercambiaban música por puro pracer”, sinalou Jeremy Banks, xefe da sección de pirataría por Internet da Federación.