O comercio electrónico non deixa de crecer. A medida que os españois ingresan na sociedade dixital, van descubrindo as vantaxes de comprar na Rede, unha das cales é que non teñen que cinguirse a tendas exclusivamente nacionais, senón que poden comprar fóra cun clic de rato. Prezos ás veces máis baixos, obxectos descatalogados ou exclusivos é o que ofrecen algunhas tendas estranxeiras. No entanto, o usuario tamén pode levar algún desgusto se non toma unhas mínimas precaucións.
Un sector en auxe
Osector do comercio electrónico en España estáen auxe, e non só polo consumo interno. Segundo aComisión do Mercado das Telecomunicacións, durante 2007as empresas españolas con tenda en Internet obtiveron unsingresos de 360 millóns de euros por produtos vendidos dentro deEspaña, e de 117 millóns por vendas procedentes do exterior.
Senembargo os españois aínda compran máis nastendas “en liña” estranxeiras. As operacións de comercio electrónicorealizadas en España e con destino páxinas web foráneastiveron un crecemento dun 33,4 %, supondo uns ingresos de 489millóns de euros. O destino das visitas foron comercios en liñada Unión Europea nun 85,5 % dos casos, mentres que enun 10,4% fórono a empresas situadas en Estados Unidos.
Estatendencia a comprar fóra das fronteiras tamén se estádando noutros países de Europa. Por lestemotivo, a Comisión Europea pretende eliminar asrestricións xeográficas ás compras realizadas porInternet dentro da UE, para que así osconsumidores poidan aproveitarse das diferenzas de prezos quepoden darse entre algúns Estados membros e dinamizar omercado común interno.
As operacións de comercio electrónico realizadas en España e con destino páxinas web foráneas tiveron un crecemento dun 33,4 %
Adecisión da Comisión baséase nunha realidadeobxectiva: atopar produtos a prezos inferiores en tendas en liñasituadas fóra das fronteiras nacionais non só é posiblesenón tamén frecuente. Entre as numerosas razóns parautilizar estas tendas están os prezos máis baixos,pero tamén a posibilidade de adquirir produtosdescatalogados ou que aínda non se venden no país dousuario.
Enos últimos meses, o 88% dos internautas españoisrealizaron algunha compra a través de Internet, segundoun estudo sobre hábitos de consumo de Nielsen. Os billetesde transporte e as reservas de avión son os produtos máisdemandados polos internautas. Por detrás sitúanseos paquetes turísticos, as reservas de hotel e as comprasde entradas a concertos. Outros produtos como libros, música,películas ou equipos electrónicos teñen unha porcentaxede compras inferior, por baixo mesmo da media da UniónEuropea.
Tomar precaucións
Osusuarios deben se cautos para non saír prexudicados nunha vendaque non é presencial; non ven nin o produto nin ao vendedor e confíanás entidades financeiras a xestión do pago. Na maiorparte dos casos non debería haber problemas, xa que contornascomo o europeo son moi seguros e as súas empresas presentan numerosasgarantías. De todos os xeitos, tomar un mínimo deprecaucións nunca está de máis. Estas son algunhas deelas:
Paísde procedencia: é importante coñecer o país onde estásituada a tenda en liña. Se a tenda atópase situada fórada Unión Europea, hai que prestar atención ao custode envío, así como ao pago en aduanas unha vez opaquete entre en España. No caso de paquetes pesados, ocusto de envío pode supor un prezo máis alto que opagado polo produto en si.
Tipode moeda: aínda que en moitas tendas estranxeiras é posible facera compra en euros, é recomendable coñecer o tipo de cambioaplicado en cada momento, xa que ás veces é máis vantaxosorealizar a compra na moeda local da tenda. O motivo é quepoden aplicar un cambio pouco favorable se a compra realízase enoutra moeda que non sexa a súa. Ademais, se se compra enmoeda estranxeira, a entidade bancaria, ou cartóns de créditocomo Visa, American Express e Master Card, pode cobrarse unhacomisión.
Sistemasincompatibles: no caso de artigos de electrónica,hai que ter en conta se o produto escollido utiliza unha voltaxecompatible, así como cerciorarse de que non se atopa limitado parafuncionar nalgunhas zonas. Así sucede cos reprodutoresde DVD, os aparellos de televisión ou as consolas devideoxogos. Hai que facerse á idea que unha Xbox comprada en
Australia non funciona co DVD europeos debido aos sistemasde protección de contidos.
Prezosdemasiado baixos: a venda de produtos de consumo a prezos moibaixos pode esconder custos ocultos ou vendas fraudulentas. O máisaconsellable é buscar o mesmo produto en varias tendas paracoñecer o prezo medio. A venda mediante sistemas de pago comoPayPalou cartóns de crédito son os métodos máisseguros ante posibles reclamacións.
Sistemasde pago: o método máis común de fraude dáseao realizar unha transacción mediante empresas de envíode diñeiro. Estas formas de pago permiten enviar diñeiro sen deixarrastro e son as máis utilizadas para estafar. Por norma,nunca se deben utilizar estes sistemas.
Reputación:recoméndase comprar sempre en tendas cun historial positivode vendas en Internet. Nunca está de máis buscar aopinión doutros internautas que comprasen antes, asícomo as garantías ou sistemas de códigos de conduta aos que estean sometidos.
Undos problemas máis frecuentes dos internautas que querenadquirir un produto nunha web estranxeira é a limitaciónque pon moitas tendas “en liña” a vender fóra do seu territorio de procedencia.En Estados Unidos, por exemplo, é común en numerososcomercios da Rede o non aceptar as compras procedentesde fóra do país.
No mellor dos casos, a espera mínima é dun mes e no peor os paquetes pérdense dentro dos almacéns
Paraliquidar este inconveniente, nos últimos anos apareceron diferentes servizos web que tratan de sortear o escollo da orixe do comprador a base de proporcionarlle unha direcciónpostal dentro de Estados Unidos, onde os usuarios poden direccionar as súascompras. Posteriormente, a empresa intermediaria é a encargada de enviaro paquete á verdadeira dirección de destino do comprador.Servizos web como Skybox,Shopanyamericanstore,Usawithinreach,ou Enter2usa,son algunhas das webs que brindan estes servizos.
A pesar dasvantaxes que ofrecen á hora de adquirir produtosque se atopan dificilmente en España, érecomendable coñecer todos os aspectos relacionados con estasempresas, así como a forma de reclamación se fosenecesario. En moitas ocasións os custos que as empresas aplican ácompra, sumados aos aranceis que hai que pagar, encarecen tantoo produto que case non compensa a diferenza de prezo inicial.Mesmo en ocasións a compra acaba saíndo máis cara que sese fixo en España.
Ademais,en foros e blogues de todo tipo son numerosas as queixas de compradoresfrustrados porque se alonga demasiado a entrega, unha vez chegada amercadoría ás oficinas da empresa intermediaria. Nomellor dos casos, a espera mínima é dun mes. Nopeor, os paquetes son retidos en aduanas ou se perden dentro dosalmacéns destas compañías por non dispor dunsistema de loxística eficiente.