
Internet cambia os hábitos do consumidor de moitas maneiras. Permítelle acceder aos produtos e servizos de forma inmediata, pero tamén lle deixa pararse un momento e reflexionar con datos na man, así como comparar entre diversas ofertas ou buscar novas alternativas con facilidade. Dise que antes de que se popularizase a Rede a economía baseábase en explotar a necesidade dos demais, a imposibilidade de chegar a determinados sitios e informacións, mentres que agora parece estar en transición cara a un modelo onde é rendible organizar a sobreabundancia, facilitarlle as decisións ao consumidor entre a enorme oferta. Os membros da consultora The Cocktail Analysis levan anos dedicados ao estudo destas tendencias, que reflicten cada ano nos seus informes Televidente 2.0. Neles obsérvase a evolución dos hábitos de consumo, do poder das marcas ou dos cambios que provocan a integración de novas tecnoloxías e aparellos. Felipe Romeu, socio director da empresa, é un dos responsables destes estudos.
Somos unha axencia de investigación especializada en novas tecnoloxías, tendencias de consumo e comunicación. O noso traballo habitual son enquisas, entrevistas, “focus-groups”, análises do discurso en Internet sobre as marcas, etc.
En xeral, para grandes organizacións, medios de comunicación, actores específicos de Internet como Google, Telefónica ou Microsoft, así como para axencias de publicidade.
É un estudo que realizamos cada ano desde 2006. Naceu centrado en como se consumía no que en 2006 eran novas xanelas: Internet, móbil, as descargas, etc. Aos poucos vimos que era necesario reformulalo para falar do ecosistema audiovisual, xa que o consumido nunha plataforma determinada tiña relación coas restantes. Deste xeito, agora mesmo é un estudo que analiza, entre os internautas, o consumo audiovisual sobre calquera xanela e plataforma: Internet, TDT, televisión de pago, descargas, streaming, etc.
“A tecnoloxía dá pé a un consumo ‘barato’ fronte a outras alternativas de lecer”
Para ser exactos, ocorre que crece a “infraestrutura” tecnolóxica que dá pé ao consumo audiovisual. É dicir, computadores, móbiles, etc. Habería varias claves. O primeiro é que parece -e iso vémolo noutros estudos- que excepto nos casos en que che afecta de forma moi directa, é difícil renunciar a hábitos instalados, como navegar, mandar mensaxes ou acceder a música desde o computador. En segundo lugar, o ámbito da tecnoloxía estableceuse como moi atractivo para o consumidor e entrouse desde hai anos nunha dinámica de substitución do equipamento que resulta difícil de ignorar mesmo dentro dun contexto de crise. O acceso a teléfonos de gama alta continúa en crecemento pese ao contexto, mentres que o interese por acceder a Televisión HD ou 3D é moi elevado.
En terceiro lugar, a tecnoloxía dá pé a un consumo “barato” fronte a outras alternativas de lecer e, por último, a propia oferta mellora. Na medida en que os contidos son mellores, os dispositivos proporcionan unha mellor experiencia de uso e, en consecuencia, increméntase o consumo.
Habería que diferenciar en termos de “infraestrutura” e de uso unha vez que se dispón de acceso. No primeiro aspecto, é posible que en efecto nos atopemos bastante atrasados, pero cando hai posibilidade de acceso, realízase unha utilización intensiva: diversos estudos puxéronnos entre os países máis usuarios de Second Life, Twitter ou as descargas.
Aínda que nós carecemos de datos internacionais, diversos estudos que manexamos corroboran esta idea. De todos os xeitos, non creo que o uso das redes sociais dependa de condicións climáticas, senón de pautas de socialización.
“Diversos estudos puxéronnos entre os países máis usuarios de Second Life, Twitter ou as descargas”En termos de cota, Facebook é líder indiscutible (usada polo 64% dos internautas españois), seguida a considerable distancia por Tuenti (33%). Se en lugar de falar de redes falamos de “plataformas de comunicación”, o líder é Messenger, cun 68% dos usuarios. Os datos extráense dun estudo que publicamos en febreiro deste ano, denominado Observatorio de Redes Sociais.
Agora mesmo Facebook é universal, xa que case o 90% dos internautas que están en redes teñen conta en Facebook. Dito doutra forma: se estás en redes, estás en Facebook. Con todo, a día de hoxe, Twitter é unha rede de nicho. Asóciase, en particular, a homes de entre 26 e 35 anos.
O gran desafío de Internet para o usuario, e o gran negocio, é lograr un “dotador de sentido” entre a abundancia de información. No seu momento, foron os grandes portais, despois desenvolvéronse os buscadores e agora engádense os nosos iguais como filtro que nos indica que consumir. Agora mesmo, os buscadores parten dunha situación de centralidade case absoluta e a cuestión reside en ver como outorgarán “capa social” relevante ás súas procuras.
Non se se entendo ben a pregunta ou quizá non comparta do todo a idea implícita. A economía de servizos ao redor do móbil foi moi rica nestes anos recentes. Un dos grandes negocios dos últimos anos foi todo o relacionado con descargas, tons, politonos, etc. E de forma aínda máis próxima no tempo, o fenómeno das aplicacións para terminais (sobre todo iPhone) foi impresionante.
“O gran desafío de Internet para o usuario, e o gran negocio, é lograr un ‘dotador de sentido’ entre a abundancia de información”
En todo caso, é certo, referido a a Internet en mobilidade, que houbo unha barreira de prezo -que con frecuencia, e segundo os nosos estudos, era máis o resultado de malas experiencias previas que de saber con exactitude o custo de acceso- e experiencia de usuario bastante relevante. Da man dos “smartphones”, que dan mellor experiencia e actitude de “aproveitamento”, parece que nos atopamos xa preto desa eclosión da Internet móbil tantas veces anunciada.
Doutra banda, vimos nos nosos estudos que certas actividades teñen mellor recepción que outras. Constatamos que ver televisión no móbil non “mola”: non é un consumo do que poida “presumirse”, máis ben ao contrario. Nos estudos preguntamos á xente como cualificaría a alguén que ve a televisión no móbil e aparecen descricións como “un triste”, un solitario, sen amigos, etc. Outras utilizacións están moito máis normalizadas e ben vistas, como usar redes sociais ou consultar Google.
Desde logo, é unha condición que axudaría con forza, pero aínda hoxe o desenvolvemento ten lugar coa diversidade de sistemas. Se nos saímos do ámbito de Televidente 2.0 e baseámonos noutros estudos, sabemos que ás axencias de publicidade, aos anunciantes, aos desenvolvedores, os diversos sistemas operativos dificúltalles o desenvolvemento, pero acaban por levalo a cabo: quizá, iso si, a base de limitarse a un só sistema operativo.
Nos resultados falamos de que crece a reprodución en streaming, pero non por forza desde páxinas autorizadas. De feito, os usuarios preguntados falábannos de sitios “polémicos” como seriesyonkis ou megavideo.
A experiencia de uso é relevante, pero non é garantía suficiente para desprazar o consumo: a dispoñibilidade de contido e o prezo son variables críticas. Sempre conto o exemplo dalgún cliente noso que, cando comezou a consolidarse Youtube, atrasou o lanzamento do seu novo sitio porque ía sacar un sistema de visualización moi potente, ao considerar que a vantaxe competitiva da súa experiencia de usuario xustificaría que o consumo tivese lugar no seu sitio e non en Youtube -que por aquel momento se pixelaba con frecuencia-. Para cando lanzou o seu sitio, o consumidor xa desenvolvera o hábito de acudir a Youtube. Non foi o único motivo, pero axudou a que perdesen posibilidades.
“Crece a reprodución en streaming, pero non por forza desde páxinas autorizadas”
Doutra banda, é certo que o streaming, polo menos fronte ao consumo de descargas no computador, ten as vantaxes de inmediatez, non “ameazar” o disco duro, etc., pero a súa integración co consumo no propio televisor, algo bastante habitual nas descargas, apenas ten lugar. A miña sensación é que ambos os modelos van convivir durante un tempo, aínda que mentres un (descarga) se estanca, o outro (streaming) crece. Cuestión aparte é que a reprodución en streaming que creza sexa de espazos “legais”, algo que non parece ocorrer de forma decisiva na actualidade.
É unha pregunta complexa. Dependerá da oferta e, en menor medida, do marco regulador. O consumidor ten claro o seu modelo de consumo: inmediato e, se non gratis, a prezo moi acoutado. A pelota está no tellado da industria, da súa capacidade para reconverterse cunhas marxes menores aos actuais: se oferta mellor experiencia de consumo a un prezo razoable, quizá teña certa marxe para lograr desprazar estes hábitos. En Estados Unidos, fálase do caso de Hulu como exemplo de relativo éxito neste sentido.