Google está a desenvolver un sistema para traducir documentos ao instante nas principais linguas do mundo. O máis característico deste método, coñecido como máquina estatística de tradución, é que o traballo de expertos lingüistas será substituído pola lóxica do propio computador.
En lugar de programar regras gramaticales e dicionarios nos computadores, este novo sistema emprega documentos humanos que xa foron traducidos en dúas linguas e entón confía en que o computador distinga patróns para futuras traducións. Aínda que a calidade non é perfecta, supón unha mellora fronte a esforzos previos de traducións a través dunha máquina, sinalou Franz Och, responsable deste proxecto.
“Algunhas persoas que utilizan máquinas de tradución durante un tempo e logo ven a nosa versión árabe-inglés din que é sorprendente, que é un gran adianto”, dixo Och, que explicou que este tipo de tradución pode ser suficiente para algunhas tarefas. Och mostrou como exemplo unha tradución dunha páxina web en árabe nun inglés facilmente comprensible.
O traballo destes investigadores consiste en proporcionar aos ordenador miles de palabras de textos paralelos tanto en árabe como inglés, utilizando documentos da ONU e a Unión Europea como fontes craves. No entanto, recoñeceron que en idiomas sen suficientes textos traducidos, como algunhas linguas africanas, pode haber grandes obstáculos. Google ofrece de momento, a través de http://www.google.com/language_tools ““, a súa máquina de tradución estatística para conversións entre inglés e idiomas como árabe, chinés e ruso.