Un enxeñeiro francés ha desenvolvido un lector portátil que é capaz de traducir textos ao braille ao momento. É do tamaño dun rato de computador, pesa 120 g e cabe na palma dunha man ou nun peto.
Raoul Parienti é o creador deste aparello, que denominou “Top Braille”. Afirma que grazas a el os millóns de persoas con problemas de visión que hai no mundo poderán incrementar a súa autonomía na vida diaria.
Parienti explica como funciona: “Cando se despraza sobre un texto, unha microcámara numérica escanea cada unha das letras e transmite as imaxes a un procesador que controla unha unidade braille”.
Esta unidade ten unhas partes puntiagudas que baixan ou soben para compor a tradución instantánea ao braille de cada letra, tanto se está impresa en papel como noutro soporte (latas, por exemplo). Coa axuda dun auricular pódese tamén escoitar o texto.
O invento conta ademais cun software de navegación que axuda aos invidentes a orientarse no texto.
Parienti fundou unha sociedade para comercializar “Top Braille”, que ten un prezo de 3.000 euros. De momento está dispoñible en francés, italiano e inglés, e en breve en castelán e alemán.