Onte produciuse o lanzamento comercial en Hong Kong do dominio de Internet “.asia”, que permitirá ás marcas simplificar a dirección dos seus sitios destinados aos países asiáticos. Este dominio está promovido por DotAsia, unha organización con fins non lucrativos que reúne a representantes de 73 países de Asia e Oceanía, que ademais é o organismo oficial de xestión, autorización e promoción do citado nome.
Co fin de protexer ás marcas internacionais e ás institucións públicas, o rexistro de futuros sitios web con dominio “.asia” non se concederá ao primeiro que os solicite, como veu ocorrendo con outros dominios anteriores. Así, marcas, goberno e entidades públicas representadas no seo de DotAsia poden rexistrar os seus sitos antes que ninguén desde este martes, mentres que a apertura do “.asia” para todos os demais está programada para marzo do próximo ano.
Un dos responsables de DotAsia, Edmon Cheng, apuntou que esta nova extensión permitirá “mostrar ás comunidades de Asia unha consideración real e unha implicación real para o mercado asiático”.