Os clientes de Banesto volven ser obxecto dun intento de estafa en liña mediante a técnica coñecida como “phishing“, segundo denunciou a organización de consumidores FACUA.
Esta vez, o gancho empregado polos ciberdelincuentes é unha mensaxe de correo electrónico onde se convida a participar nun falso sorteo cuxos premios son “un coche ou unha moto e 10 premios en valor de 1.000 euros cada un”. O texto do correo contén numerosos erros gramaticales e ortográficos, o que delata que os estafadores son estranxeiros.
Banesto aparece como remitente da mensaxe, cunha dirección, seguridad@banestnet.es, que en realidade non existe xa que este dominio non está rexistrado.
A mensaxe convida a pulsar sobre unha ligazón que leva á web http://createurdespace.com/efaio/banesto/banesto.html, a cal xa non está operativa. Nesta páxina convidábase a introducir os datos confidenciais dos clientes da banca en liña de Banesto.