Con vistas a que calquera usuario poida multiplicar ou crear máis información en Google Maps, o buscador Google presentou hoxe no Campus Party diversas aplicacións para “Os meus Mapas”, como predicións meteorolóxicas en calquera punto do planeta ou localización de gasolineiras e restaurantes.
Crear e publicar mapas personalizados en Google Maps, nos que o internauta pode incluír marcadores, liñas, superficies, textos descritivos e vídeos, entre outras aplicacións, e abrilos, posteriormente, en Google Earth, é o principal propósito do seminario dos “meus Mapas”.
A tecnoloxía “mellora e facilita as nosas vidas e estas novas aplicacións permitirán que calquera persoa poida acceder a moita máis información e poida crear e innovar contidos en Google Maps”, afirmou o director de Mercadotecnia desta firma para España e Portugal, Bernardo Hernández. “Isto permitirá multiplicar as aplicacións non só para os nosos negocios senón para o noso lecer e para a nosa vida diaria”, sinalou.
Ao longo de toda a semana Google, patrocinador da 11 edición do Campus Party 2007 en Valencia, ofrecerá ademais varios talleres para desenvolver diferentes utilidades en sitios web tanto para programadores como para usuarios. Entre estes talleres sobresae o dedicado a gadgets “”, dispositivos que permiten personalizar a páxina de inicio iGoogle ou as páxinas web mediante a introdución de noticias, mapas, cadros de procura, vídeos ou outras pequenas aplicacións.