O prezo dos computadores acumula unha baixada do 17,8% no último ano, despois de rexistrar un novo descenso, do 0,5%, en novembro, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta caída pon de manifesto unha clara tendencia á baixa nos prezos dos produtos tecnolóxicos.
Só soben os soportes para o rexistro da imaxe e o son, como o CD e o DVD
Os equipos de imaxe e son abaratáronse un 8,2%, en tanto que os prezos das cámaras de fotos e de vídeo descenderon unha media do 9,9% nos últimos 12 meses. En cambio, as tarifas de reparación deste tipo de equipos subiron un 1,5%.
Tamén subiron os prezos dos soportes para o rexistro de imaxe e son, como o CD e o DVD, un 0,2% no último ano.
A baixada de prezos dos produtos tecnolóxicos contrasta coa evolución do Índice de Prezos de Consumo (IPC), que en novembro creceu un 0,2% e situou a súa taxa interanual no 2,6%.
Acusados descensos
A evolución reflicte unha evidente tendencia á baixa nos prezos dos produtos informáticos e electrónicos, que é aínda máis acentuada no caso dos computadores. A caída máxima desde o 2005 alcanzouse en febreiro dese ano, cun 19,8%.
Desde entón, os prezos dos equipos informáticos han rexistrado descensos máis moderados de ao redor do 12% ao comezo deste exercicio. Pero a desaceleración da caída durou pouco posto que os prezos volveron esborrallarse en xuño. Os computadores abaratáronse un 17% de xaneiro a novembro, por encima do 13,7% do 2005.