
Os creadores de eyeOS son de Barcelona e teñen 18, 19 e 22 anos. Hai un mes deron a súa terceira conferencia nunha universidade de Madrid. Crearon eles sós unha interesantísima aplicación web que configura un escritorio virtual con disco duro ao que o usuario pode acceder desde calquera lugar do mundo e desde case calquera aparello con acceso a Internet. Con todo, e a pesar da expectación que levantaron, a Administración española non está a prestar demasiada atención a este proxecto pioneiro non só no país senón en todo o mundo. Como eles explican, polo momento prefiren centrarse en continuar traballando de face ao futuro e seguir apostando por facer realidade os seus propios soños.
EyeOS é un escritorio virtual, unha xanela ao mundo que nos permite acceder aos nosos datos e documentos desde calquera lugar.
“EyeOS é unha xanela ao mundo que nos permite acceder aos nosos datos e documentos desde calquera lugar”EyeOS utiliza fundamentalmente as linguaxes Php e Javascript. Utiliza algo de Ajax nalgunhas aplicacións, pero non é imprescindible para que o servizo poida correr en case calquera máquina. A intención é introducir máis tecnoloxía Ajax co tempo, pero sen esquecer o acceso desde teléfonos ou dispositivos móbiles, nos que Ajax non é tan funcional.
Por agora, eyeOS funciona soamente desde un servidor. Para ser un sistema operativo completo bastaríalle con estar ’embebede’ [instalado] de saída nun chip, por exemplo; aínda que ao funcionar desde un navegador sempre requirirá unha versión, aínda que sexa mínima, de Linux para arrincar. Iso si, o usuario non ten porqué notar que Linux existe, é totalmente transparente para el. No caso de funcionar nun teléfono móbil pasa exactamente igual.
“Ao funcionar desde un navegador sempre requirirá unha versión, aínda que sexa mínima, de Linux”É gratis e libre. Calquera pode instalalo, modificalo e melloralo. Tamén destacariamos a flexibilidade e a capacidade de acceso desde calquera lugar con case calquera máquina. Pódese acceder cun Mac, un PC, unha PSP, un Blackberry, un Ubuntu…; con case calquera máquina e calquera sistema operativo.
Todo se andará, estamos a estudar a mellor maneira de facelo, sabemos que será unha mellora moi significativa. De todos os xeitos, se instalas eyeOS no teu servidor pódese configurar o correo e manexalo desde o servizo sen problemas. Na versión pública temos que restrinxir algunhas cousas por temas de seguridade, polo menos ata conseguir unha versión máis estable.
Agora mesmo, as aplicacións instaladas por defecto aceptan todos os formatos estándar e case todos os de Microsoft. E como se poden instalar outras aplicacións, calquera formato é facilmente incluible.
“Por agora damos acceso sen límite, pero talvez teremos que limitalo pronto porque xa temos 45.000 usuarios”Por agora damos acceso sen límite, pero talvez teremos que limitalo pronto porque xa temos 45.000 usuarios. A verdade é que aínda que os discos duros son baratos, mentres a xente non abuse do sistema non vemos necesidade de limitalo.
Realmente a efectos prácticos ningunha. Queremos que eyeOS sirva para todos en todo lugar, que se poida instalar nun computador persoal ou nun servidor, e que se poida acceder á información desde calquera lugar.
Tecnoloxía libre e aberta; cousas xa inventadas. Nada do que utilizamos é secreto, é simplemente unha utilización intelixente de cousas que xa existen e que calquera pode copiar. Non queremos reinventar a roda. Simplemente coñecemos a nosa contorna e baseámonos en aplicacións de código aberto libres e gratuítas para axudarnos.
Si.
“Na nosa casa podemos convidar a nuestos amigos a escoitar música sen problemas; pensamos que isto é parecido”Na nosa casa podemos convidar a nuestos amigos a escoitar música sen problemas. Pensamos que isto é parecido. Non tivemos queixas de ninguén e non cremos que os nosos usuarios fagan nada ilegal (entre outras cousas, compartir a música que compraron é legal en España e en moitos outros países). Se alguén sente que algún usuario non cumpre a legalidade, que nos avise e estudaremos o caso. E desde logo, non cremos que ninguén teña interese en esnaquizar algo tan interesante como eyeOS sen ter razóns de peso para facelo.
Se alguén ten medo, que se descargue eyeOS e instáleo no seu propio servidor. Tan fácil como iso. EyeOS é gratuíto e libre, calquera o pode baixar sen pagarnos nada por iso.
“EyeOS é gratuíto e libre, así que calquera pode usalo sen risco a equivocarse”Nós cremos que a nosa é mellor, por suposto. Bromas aparte, cremos que cada usuario ten que elixir a que mellor se adapte ás súas necesidades. EyeOS é gratuíto e libre, así que calquera pode usalo sen risco a equivocarse.
Podería. Pero gústanos a liberdade. E pensar que algo que todos din que é imposible é posible. De feito, moita xente pensaba que eyeOS era imposible, e máis sen unha empresa ‘multimega’ detrás.
Alégrome de que nos fagas esa pregunta… Nós tamén nola facemos. A verdade é que non queremos pensar moito niso… Temos traballo que facer en eyeOS e noutro proxecto que temos e que cremos que pode chegar a ser unha verdadeira revolución.