Ordenadores, móbiles, tabletas… eagora tamén reloxos! Na actualidade, o ecosistema de dispositivoscon acceso á Rede está composto sobre todo por computadores,teléfonos móbiles e tabletas. Con todo, o númerode diferentes complementos que se conectarán a Internet nun futuropróximo aumentará, nunha tendencia denominada a “Internetdas cousas” e grazas á implementación do protocolo
Unha tendencia imparable
Ata agora, un teléfono móbil considerábase un dispositivo de segunda fronte a un computador. Se queriamos realizar calquera tarefa un pouco máis complicadaque consultar noticias, precisabamos dun computadorpara poder levala a cabo. Con todo, as tendencias agora indicanque o teléfono móbil será un dos principais dispositivospara xestionar todo tipo de accións e tamén para controlar outrosdispositivos. Entre outros, os reloxos sincronizaranse coteléfono móbil e intercambiarán información.
Hai reloxos con conexión a Internet que permiten realizar chamadas telefónicas, videoconferencias ou acceder ao correo electrónico, ademais de seguir as redes sociais
Polo momento, xa hai reloxos conconexión a Internet que permiten realizar algunhas tarefas básicas,como chamadas telefónicas, videoconferencias ou acceso ao correoelectrónico, a axenda de contactos e o calendario. Doutra banda,algúns aparellos adáptanse progresivamente desde o peto ou os brazaletesá boneca. Así ocorre con algúns dispositivos pensados para facerdeporte e cun dos aparellos de Apple máis usados: oreprodutor multimedia
Os modelos de reloxos máis populares
No pasado houbo variosintentos de conseguir un reloxo conectado a Internet ou con funciónsde teléfono móbil, pero os consumidores acolleron estes con frialdade. En 2009, LG presentou un modelo de Watch “Phone”cunhas vendas minoritarias. Desde 2010, Sony Ericsson conta cunvisor con aspecto de reloxo, denominado

Motorla presentou o pasado mes deoutubro o dispositivo Motoactv,un “gadget” con funcións de reloxo, que se conecta medianteBluetooth con teléfonos de última xeración. No caso dedispor da última versión do teléfono móbil Motorola Razr, desdeeste dispositivo é posible recibir chamadas e SMS. Motoactv utilizaunha versión modificada do sistema operativo Android, o que llepermite ter algunhas funcións extra, como a de reprodutor de MP3.
Tamén posibilita acceder aactualizacións en Facebook e Twitter. Entre as súas características dehardware destaca polo seu peso de 35 gramos, un procesador de 600 Mhz,unha pantalla de 1,6 polgadas, navegador GPS, radio FM e conectividadewifi e Bluetooth. Hai dúas versións, de 8 e 16 gigabytes decapacidade de almacenamento. Tamén ten un sensor para medir oritmo cardíaco, xa que algunhas das súas funcións están orientadas aa práctica deportiva. Na actualidade, só está á venda enEstados Unidos cun custo entre 249 e 299 dólares, segundomemoria de almacenamento, pero estará dispoñible en Europa en 2012.
Tamén os fabricantes tradicionaisde reloxos apostan por este segmento de mercado con modelos que seconectan a través de Bluetooth cun smartphone.

i’mWatché un reloxo desenvolvido en Italia. Funciona co sistemaoperativo Android e sincronízase co teléfono móbil medianteBluetooth, con independencia do sistema operativo dosmartphone utilizado. Desta forma, é posible realizar e recibirchamadas grazas ao seu micrófono e o seu altofalante integrado, así comoutilizar algunhas aplicacións dispoñibles na tenda AndroidMarket, como a de Facebook ou a de Twitter, xunto con acceso aocalendario e a axenda de contactos do usuario. Este reloxo funcionacoa versión 1.6 de Android e conta cunha pantalla táctil de 1,54polgadas, 64 megabytes de memoria RAM e 4 gigabytes de memoriaInterna. Estará á venda a partir de 2012, pero xa é posiblerealizar unha reserva de preventa cun custo de 299 euros para osreloxos con correa de silicona.