O reto de sobrevoar os 600 quilómetros do Camiño de Santiago que separan Mérida da capital galega, seguindo a Vía da Prata, culminou con éxito para un grupo de afeccionados ao parapente comandados por Andrés Sánchez, ‘Driú’, campión de España na categoría de Sport de voo con motor.
Promocionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Estremadura, esta iniciativa inclúese no programa “Estremadura: Estación Cultura”, que ten como un dos seus proxectos primordiais a promoción da Vía da Prata como espazo cultural. “Son moitos os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago pola Vía da Prata, e tamén múltiples as formas de percorrelo, pero poucas tan apaixonantes como asucar os ceos”, sinalou Paco Guerra, que participou nesta aventura xunto a Ramón González e Andrés Sánchez.
Desde a súa saída de Mérida o pasado 25 de febreiro, foron moitas as aventuras e dificultades que o grupo tivo que superar ata chegar a Santiago de Compostela. En total, foron máis de 600 quilómetros en cinco etapas, nas que se pasou polos lugares máis significativos da Vía da Prata.