A última versión da aplicación do Camiño de Santiago de EROSKI CONSUMER xa está dispoñible en App Store. No seguinte artigo preséntanse as novas funcionalidades desta app para iPhone, entre as que se atopan a posibilidade de compartir a localización na etapa ou nun albergue a través de Twitter ou Facebook.
Xa está dispoñible en App Store a última versión da aplicación do Camiño de Santiago de EROSKI CONSUMER. A app foi optimizada para resolver as incidencias que mostraba baixo o sistema operativo iOS 6 de iPhone e, ademais, conta con novas funcionalidades, como a posibilidade de compartir a localización na etapa ou nun albergue a través de Twitter ou Facebook.
Na nova versión mellorouse tamén o uso dos mapas das etapas, albergues e monumentos e os usuarios do iPhone 5 tamén poden gozar dela mediante o aproveitamento de toda a pantalla do seu dispositivo. A aplicación é gratuíta e caracterízase porque actualiza de maneira automática os cambios rexistrados na guía en liña.
A nova app permite ao peregrino compartir a súa localización a través de Twitter e Facebook
Así, inclúe toda a información da guía práctica e describe con detalle todas as etapas e albergues de once Camiños de Santiago que atravesan España: o Camiño Francés, Aragonés, Primitivo, do Norte, Sanabrés, Vía da Prata, Vasco do Interior, Portugués, Catalán por San Juan de la Peña, Camiño de Fisterra e Muxía e o Camiño Baztanés, este último publicado en marzo deste ano.
A guía tamén incorpora o mapa e a altimetría de cada etapa, unha descrición do itinerario, fotografías da xornada e que ver e facer en cada unha das etapas.