“Os contos do camiño” forman parte dunha iniciativa cultural e educativa dirixida a profesores e estudantes de Educación Infantil e Primaria, de alcance internacional, que levará a cabo en Portugal, Francia, e España (Galicia e Madrid), e que se enmarca dentro do Programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea.
As actividades “dos contos do camiño” darán a coñecer o patrimonio cultural e artístico das diferentes rutas xacobeas a través dos contos de tradición oral e das obras de arte dos países por onde discorren.
Na actividade “Un camiño de contos” os escolares realizan actividades multimedia cos diferentes elementos que conforman contos tradicionais dos diferentes países por transcorre o Camiño de Santiago, actividade materializada nuns talleres de ilustración e unhas sesións de contacontos para os máis pequenos. Educathyssen acollerá todos estes talleres dentro do seu programa permanente Museo aberto.