Ante calquera tipo de avaría ou reparación que poida xurdir ou que deba levar a cabo en elementos comúns da propia comunidade de veciños haberá de celebrar a correspondente xunta extraordinaria o máis axiña posible.
Na xunta, o presidente- administrador exporá os feitos que causaron as obras e alí mesmo achegará os orzamentos para a reparación dos danos causados así como os do arranxo da avaría.
Unha vez aprobado o orzamento elixido pola maioría simple dos alí presentes, comunicarase á empresa encargada a aceptación do orzamento. Pero aquí non acaba todo, posto que para ser correctos e para que non xurdan complicacións coa empresa contratada, a mellor solución é asinar un “contrato de arrendamento de obra”. Hoxe é unha practica moi habitual e a maioría das empresas ofertan este contrato.
Este contrato deberá especificar de forma clara e sinxela as obrigacións das partes do seguinte modo:
1.- Identificación das partes, e en calidade de que interveñen na firma do contrato.
2.- Obxecto do contrato: detallando a realización da obra contratada.
3.- Traballos que se van a realizar.v
4.- Se existe ou non dirección facultativa da obra e a quen se encarga.
5.- Organización e seguridade na obra.
6.- Materiais e mostras.
7.- Previsión de traballos defectuosos.
8.- Previsión das posibles responsabilidades.
9.- Seguros.
10.- Prazo de execución das obras e posibles penalizacións.
11.- Prezo.
12.- Modificacións e melloras.
13.- Garantías e retencións.
14.- Forma de pago.
15.- Recepción da obra.
16.- Causas de resolución do contrato.
17.- Sometemento a xulgados e tribunais.
18.- Firma e consentimento.