O Euribor, o indicador máis utilizado en España para fixar o custo das hipotecas, marcou o seu último cambio do mes de xullo no 1,417%, dúas milésimas menos que na xornada de onte, pero sitúa a taxa media do mes no 1,373%, o que supón un incremento do 0,092% respecto ao nivel marcado en xuño (1,281%). Xullo é o cuarto mes consecutivo que o Euribor pecha á alza, despois de ano e medio de caídas.
Se se compara coa taxa marcada no mes de xuño do exercicio precedente (1,412%), o Euribor experimenta unha baixada de -0,039 puntos, polo que as persoas que revisen o seu crédito hipotecario coa referencia de xullo aínda se beneficiarán dunha rebaixa nas súas cotas, aínda que será mínima.
No caso dun contrato de 150.000 euros e un prazo de amortización de 25 anos que se revise en agosto, á que se aplica a taxa do mes anterior, o aforro mensual será só tres euros mensuais ou preto de 30 anuais. Se o Euribor mantén o seu crecemento o próximo mes, prevese que será a partir de setembro cando terminen as rebaixas nas letras mensuais das hipotecas.