O Consello de Ministros aprobará o vindeiro venres o plan anunciado a semana pasada polo Goberno para impulsar o mercado de vivenda en réxime de aluguer, segundo avanzou onte a ministra de Vivenda, Carme Chacón.
Este plan contempla axudas de 210 euros para que os mozos que queiran emanciparse fágano alugando un piso. Tamén inclúe medidas para dar garantías aos propietarios de inmobles nos procesos de falta de pagamento de aluguer e axilizar os desafiuzamentos.
Nunha entrevista en televisión, Chacón afirmou que esta iniciativa achegará máis garantías e seguridade aos propietarios para fomentar que o parque de inmobles baleiros salga ao mercado de aluguer.
As medidas de axilización do desafiuzamento, pola súa banda, pretenden conseguir que este procedemento “non sexa moi longo e que un propietario non teña que pagar as complicacións da existencia dun moroso”, explicou a ministra.
Todo iso ten como obxectivo final que “España, á parte de ter un importante mercado de venda, téñao tamén de aluguer”, aínda que Chacón apuntou que seguirá traballando para que haxa vivenda protexida accesible ao peto de todos os cidadáns.