
As compravendas de vivendas en España diminuíron en abril de 2011 un 29,7% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo publicou o INE (Instituto Nacional de Estatística), a taxa máis baixa rexistrada desde maio de 2009. Estes datos, xunto co descenso dos prezos dos inmobles, propiciou a aparición do home staging (ou posta en escena da casa). Esta nova técnica de mercadotecnia xurdiu en Estados Unidos nos anos 70, e consiste en redecorar o inmoble dunha forma despersonalizada, neutra e acolledora para acurtar o seu prazo de venda. Segundo Sophie Lebhard, directora de Casas en Escena SL, empresa especializada en home staging, para o comprador a primeira impresión é a que vale.
Nun contexto en que a oferta supera á demanda de vivenda , afiánzanse os servizos como este que, noutros mercados, deron proba de ser unha técnica eficaz para acurtar os prazos de venda sen variar o prezo.
Consiste en despersonalizar, ordenar, despexar, limpar, reparar, organizar o espazo e harmonizar. Non se pode considerar como decoración pura, aínda que desenvolve o lado estético da operación. Trátase de facer moito con pouco orzamento. Un desafío con resultados sorprendentes.
Sacar o maior partido á vivenda, diferenciarse das demais nun mercado inmobiliario moi competitivo, como é o español. O 85% das compravendas fanse a través da rede, e a primeira impresión é a que conta. Coas nosas técnicas tentamos provocar un “flechazo” no posible cliente.
O esencial é que estea a un prezo razoable. Por moitos cambios que se fagan, se está sobrevalorada a dificultade para venderse será a mesma. O que se pretende é que, en igualdade de condicións, a casa vendida sexa a nosa.
Cando se pon á venda unha casa hai que preguntarse se está lista para ser presentada ao mercado
Por suposto, e de feito hai colaboracións con axencias que aconsellan facelo aos seus clientes.
Cando un comprador potencial visita unha vivenda ten que poder proxectarse dentro. Se a casa ten unha decoración moi marcada, moitas fotos ou recordos persoais, esta proxección non resultará fácil. A primeira impresión é fundamental. Ao entrar, en menos dun minuto, o comprador potencial faise unha idea de se vai seguir máis adiante coa compra ou non. Temos que axudarlle a proxectar a súa vida, os seus mobles, o seu propio estilo, dentro dunha casa o máis neutra posible.
Unha decoración sinxela, neutra, cuns simples toques de cores alegres e a casa resultará máis amena. Nas casas amobladas trátase, sobre todo, de despersonalizar, despexar e harmonizar os volumes, reorganizar os espazos e insistir sobre o tema da luminosidade.
Os propietarios quedan moi contentos co resultado e quedan coa case totalidade dos obxectos que se colocan. Tentamos levar sempre o mínimo posible.
En menos dun minuto, quen visita unha vivenda sabe se vai comprala ou non
Leva un día de transformación. Os propietarios poden estar presentes, ou poden deixar as chaves pola mañá, con total confianza, e volver ao final da tarde para descubrir o cambio.
Coa axuda de axencias inmobiliarias que nos confirman que a casa está ben de prezo, e a nosa experiencia.
Nun contexto de crise trátase, sobre todo, de non baixar o prezo. Despois dunha posta en escena, de que a casa estea impecable, o comprador potencial non terá argumentos para negociar o prezo.
O orzamento varía do 0,4% ao 1% do prezo de venda do inmoble, segundo a dificultade. Cada casa é diferente e, ao facer un “diagnóstico” gratuíto, o cliente é o que decide.
As tarifas dos home stagers varían entre o 0,4% e 1% do prezo de venda
En Europa funciona con éxito desde hai 10 anos, sobre todo, en Reino Unido, Francia e Suecia. En Francia, un estudo da FNAIM (Fédération Nationale de l’Immobilier) demostrou que o prazo de venda pasa de cinco meses a tres semanas. En España, este concepto espertou moito interese, vista a súa eficacia no resto Europa. Casas en Escena, fundada en 2010, realizou 10 proxectos e oito xa cambiaron de mans. Por dar un exemplo, un chalé que levaba máis dun ano e medio en venda, vendeuse en menos de dous meses.
A través da nosa páxina web ou chamando aos teléfonos 91 384 50 92 / 690 833 800.
De momento, concentrámonos na comunidade de Madrid. Para as demais cidades, traballamos en colaboración con “stagers”, compañeiros de Home Staging de toda España.
Cando un decide pór a súa casa á venda debe preguntarse se a súa casa está lista para ser presentada ao mercado. Para vender hai que potenciar os puntos fortes e minimizar os puntos débiles. Non se trata de esconder os defectos, pero si de arranxalos ou modificalos. Tampouco se trata de decorar a casa xa que, a decoración é algo moi persoal, e o obxectivo é converter a vivenda nun sitio neutro e acolledor.