Os problemas que afectan as vivendas en España foron recentemente analizados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Así, segundo este organismo, do que máis se queixan os españois neste sentido é da existencia de poucas zonas verdes próximas aos seus fogares. Así o pensan en 5,2 millóns de fogares.
No estudo tamén se fai mención ás dimensións máis frecuentes que posúen as casas españolas. As máis numerosas son as que oscilan entre 76 e 90 metros cadrados, xa que con esta superficie atopámonos 4,1 millóns de fogares. A continuación, séguenlle as que dispoñen de entre 61 e 75 metros cadrados, en total hai 2,6 millóns. Só 481.518 vivendas contan con máis 180 metros cadrados e aínda 56.511 teñen menos de trinta.
Outros problemas que igualmente preocupan aos españois en relación á súa vivenda son a escasa limpeza das rúas (diso quéixanse en 4,5 millóns de fogares), o exceso de ruídos exteriores que chegan ata o interior das casas (4,3) e os actos vandálicos que se producen nas contornas próximas á vivenda (3,1). Os españois restan importancia aos problemas que causan unhas comunicacións deficientes na súa contorna urbana e á contaminación ou malos cheiros.