Besugo á donostiarra
Elaboración
Desespinamos os dous lombos do besugo (pedimos na nosa pescadería que nolo fagan)
Salgamos os lombos e untamos lixeiramente de aceite.
Nunha tixola moi quente damos volta e volta ao besugo de maneira que se cociñe por fóra pero non por dentro.
Untamos unha placa de forno cunhas pingas de aceite e o mollo da tixola. Pomos sobre ela o besugo e introducimos ao forno precalentado a 200º C durante 6 minutos.
Pouco antes de sacar o besugo, douramos lixeiramente no aceite restante os allos cortados en láminas e a guindilla troceada.
Sacamos o besugo do forno e vertemos os mollos do asado nun cazo.
Botamos sobre o besugo o refrito de allos e ao recipiente onde recollemos os mollos do besugo engadímoslle o vinagre e batemos para que ligue un pouco. Salseamos sobre o besugo, co que xa está listo para servir.
Acompañamos dunhas patatitas cocidas espolvoreadas de perexil picado.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
695 | 52,4g | 8,8g | 2,4g | 0,4g |
35% | 75% | 44% | 3% | 7% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
O besugo é un peixe azul, aínda que dentro deste grupo é un dos máis
magros. A graxa dos peixes azuis é rica en ácidos graxos insaturados
polo que contribúe a diminuír os niveis de colesterol en sangue. Nesta
receita o besugo cocíñase á donostiarra, é dicir, acompáñase de
allos e un pouco de vinagre, polo que o contido calórico do prato
non vai verse afectado mentres que o seu sabor vai ser intenso e moi agradable.
- Ácido úrico y gota
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos en la vesícula biliar
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Hipercolesterolemia
- Hipertensión arterial
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso
- Osteoporosis
- Alergia al pescado
- Gastritis