Acceder ao estudo dos servizos unoa un.
Introdución
Debido a acordos existentes entre Rdio, o binomio Rockola/Biit.fm e Grooveshark e os diferentes selos discográficos, non todos os servizos ofrecen o mesmo tipo de música e catálogo
As alternativas a Spotify seleccionadas tamén poden serunha boa forma de acceder a música que non estea dispoñible eneste popular servizo. Debido a acordos existentes entre estes servizos e osdiferentes selos discográficos -xa sexan multinacionais do sectorou de música independente- non todos eles ofrecen o mesmotipo de cancións e catálogo, aínda que na maioría das ocasiónsdispoñen dos temas máis comerciais do momento.
EroskiConsumer realizou unha proba de uso con tres servizosexistentes en España para acceder a música en streaming coa ideade comprobar as súas vantaxes e inconvenientes para os usuariosdomésticos. Os servizos seleccionados son: Grooveshark(http://grooveshark.com), Rockola.fm (http://www.rockola.fm)-xunto coa súa aplicación Biit.fm– e Rdio(http://www.rdio.com/).
O mellor para:
Obter recomendacións de música:Rdio
Utilizar en modo radio:Rockola.fm
Escoitar música de forma gratuíta:Grooveshark
Simplicidade de uso e contornagráfico: Rdio
Usar desde dispositivosportátiles e teléfonos: Rdio
Características comúns
Estes servizos permiten escoitarmúsica en streaming e obter recomendacións de cancións eartistas en función dos criterios de selección e dasafinidades con outras persoas. Neste sentido, contan con acceso alistaxes de reprodución coas cancións máis populares domomento ou cos últimos lanzamentos comerciais. Desta forma,os usuarios poden estar ao día de parte da oferta musicaldispoñible de forma sinxela.
É importante destacar que, ao igualque en Spotify, os que acceden a estas plataformas non compran a música, senón queadquiren unha licenza para acceder ao catálogo destes servizospara o seu uso na nube. Ademais, debido aos diferentes acordosexistentes no mercado discográfico, algunhas cancións e grupospoden non estar dispoñibles durante un tempo ou estar restrinxidos aunha rexión concreta.
Grooveshark e Rdio teñen dous plans de prezos en función do seu uso
Grooveshark e Rdio teñen dousplans de prezos en función do seu uso desde computadores ou taméndesde teléfonos móbiles. Con eles pódese acceder de formailimitada a todo o cátalogo de música ofrecida mentres dure oplan contratado. Pola súa banda, Rockola.fm e Rdio dan a opción, desde as súasaplicacións para dispositivos portátiles, de acceder á música senconexión a Internet. Para iso, é necesario marcar esta preferencia enas listas de reprodución favoritas do usuario.
Diferenzas
Grooveshark é un servizo demúsica en streaming que permite subir arquivos musicais ao mesmopara poder acceder a eles desde calquera parte. Con todo, nonpermite escanear a discoteca do usuario nin cargar de formaautomatizada estes arquivos.
As persoas que utilizan Rockola.fm poden acceder a listas dereprodución de música segundo xéneros, artistas e cancións predefinidospolo sistema. No caso de que unha canción non sexa do agrado dosusuarios, pode marcarse para non volvela a escoitar ou, polocontrario, sinalala como favorita para que apareza na listaxe deforma máis frecuente.
A diferenza do resto de alternativas destaproba de uso, Rockola.fm non deixa crear listas de reprodución personalizadasnin escoitar unha canción concreta, senón que o sistema está constituídocomo unha especie de emisora. Non é música á carta. O que seescoita, ou se descarga para escoitar sen conexión, é a proposta doservizo.
Rdio é un sistema parareproducir música moi completo, cun funcionamento moi similar aSpotify. Neste sentido, dispón de dous plans de prezo en funcióndo tipo de plataforma onde se queira acceder á música. Para iso,conta con aplicacións cunha contorna gráfica moi intuitivo para amaioría dos sistemas operativos.
Táboa | |||
---|---|---|---|
Grooveshark | Rockola.fm e Biit.fm | Rdio | |
Versión gratuíta | Si(*) con publicidade | Si, con publicidade | Sete días de proba |
Versión de pago para computadores | 6 dólares/mes | Non | 4,99 euros/mes |
Versión de pago para móbiles/tabletas | 9 dólares/mes | gratuíta | 9,99 euros/mes |
Listas de reprodución personalizadas | Si(*) con publicidade | Non | Si |
Listas de reprodución modo “radio” | Si | Si | Si, co máis popular | Servizo para computadores | Web | Web(**) | Web/ App de escritorio | Aplicacións para móbiles | Si | Si | Si |
Sistema de recomendación | Si | Si | Si |
Acceso “sen conexión” | Non | Si | Si |
Compartir en redes sociais | Si | Si | Si |
(*) Nalgúns países. (**) Só Rockola.fm. |