Cebolletas recheas
Elaboración
Pelamos e lavamos as cebolletas frescas.
Cocemos estas cebolletas enteiras e con parte do talo verde en auga fervendo cun chisco de sal durante 20 minutos e deixámolas arrefriar na auga de cocción. Reservamos esta auga.
Mentres tanto, lavamos e cortamos moi finos os allos porros e os champiñones.
Rehogamos nun pouco de aceite o allo porro e cando estea blandito, engadimos o champiñón.
Unha vez salteado o champiñón engadimos uns daditos de mazá e de tomate pelado sen pebidas, rehogamos todo o conxunto, pomos a piques de sal e reservamos.
Baleiramos as cebolletas en capas e cunha culler enchemos coa mestura, colocándoas de pé nunha fonte de forno.
Quentámolas no forno a 180º C durante 10 minutos.
Acompañamos dunha salsa velouté lixeira que elaboraremos como se elabora unha salsa bechamel pero substituíndo o leite polo caldo de cocción das cebolletas.
Servimos quentes.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
132 | 6,3g | 1,6g | 8,7g | 0,5g |
7% | 9% | 8% | 10% | 8% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
As verduras e hortalizas recheas son pratos cunha agradable presenza e
que ademais supoñen un modo diferente de consumir estes alimentos. En
este caso a hortaliza elixida é a cebolleta que se vai a encher con outras
hortalizas, verdura e froita, polo que o prato vai ser unha boa fonte de
vitaminas, minerais, fibra e sustancias con acción antioxidante, grandes
aliadas da nosa saúde.
Este tipo de pratos constitúen unha boa alternativa para animar aos máis
pequenos a comer verduras e hortalizas, xa que normalmente estes saudables
alimentos non son do seu agrado.
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Alergia al pescado
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Hipercolesterolemia
- Hipertensión arterial
- Hipertrigliceridemia
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso
- Osteoporosis
- Ácido úrico y gota
- Cálculos en la vesícula biliar
- Cálculos renales
- Gastritis
- Intolerancia a la lactosa
- Intolerancia al gluten (celiaquía)