As enfermidades relacionadas cos computadores aumentan a medida que se fai un usocada vez máis intensivo deles. Por esta causa pódense atopar na Rede e no mercado programas para facer pausas, practicar determinados exercicios ou corrixir as posicións nas que traballamos. Unha boa cadeira é indispensable, e non está de menos ter coxíns para as mans e cóbados ou un teclado non demasiado elevado. Pero o software de prevención tamén é fundamental. Nesta reportaxe ofrécense diversos consellos respecto diso e cinco programas que poden evitar o cansazo fronte ao computador e outras doenzas asociadas á súa utilización, como a tensión, a síndromedo túnel carpiano (STC), as lesións por esforzos repetitivos (RSI) e os problemas de costas e oculares.
A situación e altura do computador, a cadeira e a mesa na que se utilice, asícomo a postura do usuario, interveñen de forma directa na aparición deste tipo de doenzas, polo que pouco poden axudar os programas se non se teñen en conta as recomendacións de ergonomía e seguridade no traballo.
Os computadores portátiles, polo seu deseño, poden producir doenzas tras un uso continuado sen as condicións adecuadas
Os computadores portátiles, polo seu deseño, poden producir doenzastras un uso continuado sen as condicións adecuadas. Existe todaunha gama de produtos para adecualos ásposicións saudables en que debería traballar o usuario, pero estes accesorios non son sustituibles polos necesarios tempos de descanso, que se regulan mediante programas de software.
Pausas estipuladas polo software
A maioría dos programas dedicados a combater a fatiga e outros problemas derivados de continuas xornadas fronte ao computador obrigan ao usuario a que realice pausas laborais cada certo tempo; fano mediante o bloqueo en maior ou menor medida do equipo durante períodos que se poden regular. Durante estas paradas é aconsellable levantarse do computador, polo menos dez minutoscada hora, e camiñar ou realizar algúns exercicios sinxelos de estiramento.
Existen dous tipos de pausas: normais e curtas. As pausaschamadas normais están pensadas para facelas unha vez cada hora de traballo e por unperíodo non inferior a dez minutos. As pausas curtas adóitanse programar cada dez ou quince minutos e por un tempo de entre quince e trinta segundos. Algúns programas ofrecen a posibilidade de configurar tres tipos de pausas segundo a duración e intervalos de cada unha.
A maioría das aplicacións obrigan ao usuario a que realice descansos cada certo tempo
Nas pausas curtas pódese relaxar a vista mirando o máis lonxe posible e cambiando o punto de enfoque. O feito de fixar a mirada durante moito tempo nun mesmo punto, por exemplo un monitor, produce unha serie de problemas oculares que poden previrse na maioría dos casosconuns sinxelos consellos.
Para que as pausas sexan máis efectivas pódense realizar exercicios de estiramentos. Algúns programas inclúen imaxes e vídeos coas posturas que debe adoptar o usuario para que sirvan de guía á hora de facelos. Son exercicios sinxelos que están pensados para que se poidan levar a cabo en casa ou no lugar de traballo e utilizando os obxectos que poidan estar ao alcance, como a cadeira e a mesa. Cada postura exercita unha parte do corpo, e realízanse en series que cambian en cada pausa.
Os programas uno a un
Quicksilver. Facilita a automatización de tarefas que se repiten con frecuencia, o cal é unha forma de evitar clicksde rato e movementos innecesarios e optimizar a produtividade fronte ao computador. Está orientado para substituír a maioría das accións habituais por combinacións de teclas que lanzanprogramas, abren documentos ou os envían por correo electrónico. Para Mac.
AntiRSI. É un programa para facer pausas moi sinxelo de usar, e tras lainstalación queda configurado de forma básica, perosuficiente para a maioría dos usuarios. Dispoñible na Mac App Store por 5,49 euros.
MacBreakZ.Monitora a actividade e inclúe corenta exercicios de estiramentos musculares tanto de brazos como de pernas e costas. Está na Mac App Store por 8,99 euros.
TimeOut. A súa función reguladora máis destacada, entre outras moitas, é que permite axustar o nivel de transparencia do fondo de pantalla. Ademais, ofrece a posibilidade de pospor os descansos e o tempo que tarda en escurecerse a pantalla, un acto que marca o inicio do descanso. Entre as características do programa, está a posibilidade de executar aplicacións ao iniciar e terminar os descansos. Unha utilidade desta función é activar o estado “ausente” no programa de mensaxería. Atópase na Mac App Store de modo gratuíto.
Big Stretch. O único da lista dispoñible para Windows, versións 7 e 8 incluídas, é un programa moi sinxelo e intuitivo de usar que lembra cando se debe facer unha pausa para evitar a síndrome RSI e convida á realización dunha serie de exercicios de estiramentos das extremidades e as costas.